Triacastela
Actualmente o camiño é unha das súas principais actividades e fontes de riqueza de Triacastela. O Camiño francés ao seu paso pola vila discorre polo monte Oribio e a través de bosques de vexetación autóctona e aldeas típicas. Un dos itinerarios descende cara a Samos, pasando polo mosteiro, mentres que o outro segue a variante de San Xil, que conduce directamente a Sarria seguindo unha ruta recta e sinxela.
O auxe da peregrinación en Triacastela produciuse entre finais do século XII e comezos do XIII, durante o reinado de Alfonso IX, quen a repoboou e mellorou desde o punto de vista construtivo, levantando varios centros asistenciais ao camiñante. Os poboadores sentiron atraídos polas posibilidades comerciais dun enclave estratexicamente situado sobre a marxe do Camiño Francés.
Tricastela contaba tamén cun cárcere de peregrinos, que actualmente pasa desapercibida, pero foi importante para salvagardar a orde e dar seguridade a un roteiro vital para o seu crecemento e esplendor, xa que estaba destinada a quen se facía pasar por camiñantes xa nas épocas nas que as peregrinacións se converteron case nunha modalidade de mendicidade.
Outro elemento relevante no contexto xacobeo puido ser un mesón-ferrería onde se daban comidas e arranxábanse as ferraduras de quen optaba por realizar o Camiño dacabalo, un hospital de peregrinos e outro de leprosos. Previamente existía na localidade un mosteiro familiar relacionado coa acollida de peregrinos, fundado a finais do século X.
Como descubrirás máis adiante o propio nome de “Tria Castella” parece aludir a 3 castelos que xa non se conservan nunha zona con 3 castros (Triacastela, Lagares e San Adrián). Ademais, ten neste enclave realizáronse achados prehistóricos moi importantes, no xacemento de Cova Eirós, que demostran o poboamento da zona por Neardentais, o que implica que xa desde a Prehistoria estas terras eran paso principal para as migracións humanas.
A día de hoxe, o atractivo histórico e tamén o natural mantense intacto e os seus segredos, aínda por descubrir, tanto para os peregrinos como para os turistas. Anímaste?