Ir o contido principal

Serra e río Oribio

Un plácido val situado entre montañas e rodeado por tres ríos que se unen formando unha única canle á saída do pobo de Triacastela, coñecido como río Oribio. O val de Triacastela ofrece descanso ao peregrino, logo de atravesar a marabillosa paisaxe das montañas do Cebreiro.

É sen dúbida esta localización única a que fai de Triacastela final de etapa do peregrino xa desde a Idade Media, tal e como se recolle no Códice Calixtino, que a identifica como final da penúltima etapa do Camiño, das trece existentes desde os Pireneos. 
No descenso cara a Triacastela a impoñente Serra do Oribio acompaña aos camiñantes. Á súa dereita poden contemplar como se alza maxestuoso o Monte da Meda, que á súa vez nace cando terminan os Montes da Albela. E no medio de todos os montes que circundan o concello, atópase a zona de montañas máis baixas que albergan os castros que aínda permanecen sen escavar (Triacastela, Santalla, Lagares e Cancelo), e que se cre son a orixe do topónimo de Triacastela.
 

Existe á beira do río unha praia fluvial e área de descanso .

42.753924680764, -7.244185053786

pin_drop
Monumento

Praza da Deputación, 3
27630 Lugo
España