Ir o contido principal

Arzúa

Arzúa 640x360
Arzúa é un punto estratéxico do Camiño francés, de altísimo valor turístico pola súa riqueza natural e gastronómica e polos atractivos de lecer que ofrece. É un lugar único, de longa tradición e historia, enmarcado nunha natureza cativadora que a fan brillar como destino verde de Galicia.

A apenas 40 quilómetros de Compostela, o trazado do Camiño francés cruza Arzúa de leste a oeste. Segundo se recolle en documentos xacobeos, aquí atopábanse os fornos para o cal que se empregaba na construción da Catedral compostelá. Os propios peregrinos levaban a pedra calcaria ata Castañeda como unha forma de penitencia, colléndoa directamente preto de Triacastela.

Na Idade Media xorde a veneración do sepulcro do Apóstolo Santiago e, con ela, as primeiras peregrinacións xacobeas. O auxe destes camiños formaba unha importante encrucillada, coa que crecería unha pequena aldea, que o Códice Calixtino menciona como “Vila Nova”. Co tempo, este asentamento converteríase en Santiago de Arzúa. 

 

Para atender física e espiritualmente aos peregrinos, eríxese o hospital de Ribadiso da Ponte, e constrúese o convento da Magdalena, coa obriga de proporcionar asistencia aos camiñantes.

Arzúa mantén intacta a esencia do seu pasado e as súas raíces romanas, sendo un dos lugares clave da cultura xacobea, que logrou perdurar nestas terras ao longo dos séculos. 

Aquí, ademais dos famosos queixos da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa e o mel, atoparás unha gran variedade de atractivos turísticos: festas gastronómicas, monumentos, igrexas e capelas que aínda conservan importantes trazos románicos, ademais de arquitectura civil, edificios destinados ao peregrino e casas señoriais.

A continuación, descobre os puntos de interese máis destacados desta localidade.

alt

42.926911, -8.164163

Información práctica

Que ver

  • Fervenza das hortas
    pin_drop
    Monumento

    Fervenza das Hortas

    No límite entre os concellos de Touro e Arzúa atópase a Fervenza das Hortas, tamén coñecida como Fervenza de Santa Marta.
    Máis información
  • Capela da Madalena de Arzúa
    pin_drop
    Monumento

    Capela da Madalena

    Establecida no século XVI. Os Monxes Agostiños erixiron un pequeno hospital para recibir aos peregrinos que transitaban o Camiño de Santiago, que acabarían abandonando un século despois.

    Máis información
  • Capela da Mota
    pin_drop
    Monumento

    Capela da Mota

    Nun lugar illado ao noroeste do concello de Arzúa, nunha frondosa carballeira, atópase a ermida da Mota.
    Era o lugar da Mota (pedra) un lugar de culto dos antigos poboadores, cristianizado no seu momento coa advocación de tres apóstolos: San Mateo, San Bartolomeu e San Simón.
    Máis información

Onde comer

Onde durmir

Servizos locais