Capela da Mota

Era o lugar da Mota (pedra) un lugar de culto dos antigos poboadores, cristianizado no seu momento coa advocación de tres apóstolos: San Mateo, San Bartolomeu e San Simón.
Aquà se celebran dúas importantes romarÃas campestres os dÃas de San Bartolmeu e San Mateo.
A carón da carballeira pasa unha variante do Camiño do Norte que conduce de Ribadeo a Compostela. Esta humilde capela é citada no ano 1790 por Jean Pierre Racq, un peregrino de Bruxas que se dirixÃa a Compostela logo de visitar San Salvador de Oviedo. Tamén a cita o xeógrafo Domingo Fontán no seu estudo do itinerario entre Santiago e Ribadeo na segunda metade do século XIX. Por este lugar pasaba o camiño de retorno que na Idade Media facÃan os peregrinos dende Santiago a San Salvador de Oviedo. Como di unha antiga cantiga:
"Quen visita Santiago e non ao Salvador serve ao criado e ignora ao Señor".
Segundo a tradición, a carballeira xorde da crenza de que aqueles mozos que plantasen alà un carballo, se prendÃa, serÃan librados das súas obrigas coa milicia.
42.986107, -8.195095
Lugar daMota, Santo Estevo do Campo
15819 A Coruña
España