Igrexa de Sancti Spiritus
A peregrinación a Santiago inspira a creación do que será o convento do mesmo nome en Melide. No século XV xorden ou adquiren un significado social e político que antes non tiñan en Galicia novas liñaxes, entre eles os Ulloa, que dominarán Melide durante todo este século. O feito arquitectónico máis destacable dos Ulloa en Melide foi a reconstrución da igrexa do convento de Sancti Spiritus en 1498, promovida por Sancho Sánchez de Ulloa. O obxectivo pretendido era crear unha comunidade relixiosa e hospitalaria, capaz de acoller a romeus e pobres neste lugar, camiño de Compostela.
No século XVIII a igrexa foi reformada e construíuse a actual fachada barroca. Amplíase a nave construíndo unha bóveda de canón. Desta época consérvase unha interesante imaxinería: o retablo da Virxe dos Dolores. O órgano é do século XVIII. A fachada e portada principal pertencen ao barroco tardío compostelán. No seu interior, cabe apuntar os dous sepulcros laterais góticos e o seu retablo maior barroco da igrexa de San Paio de Antealtares de Santiago de Compostela.
En 1835 levou a cabo a desamortización do convento, que despois de ser abandonado, converteríase en igrexa parroquial en 1840.
42.915383510192, -8.0165862195041
Rúa Calvo Sotelo, 5,
15800 A Coruña
España