Igrexa de San Pedro
De orixe románico e declarada Monumento Histórico Artístico, remóntase ao século X, aínda que foi consagrada en 1182 polo Bispo de Lugo, Rodrigo II.
Trasladada pedra a pedra desde o antigo Portomarín debido á construción do encoro de Belesar, esta igrexa destaca pola súa portada románica con arcos de medio punto e arquivoltas decoradas con motivos xeométricos. No seu interior alberga un sepulcro do Marqués de Bóveda e un magnífico retablo do século XVI.
42.809598946548, -7.6147079031327
Monumento
Travesía Circunvalación, 30
27170 Lugo
España