Castelo de Pambre
O Castelo é de planta cadrada, cercado por unha muralla de planta irregular que se adapta ao terreo. Os muros son de cachotería e granito. O edificio central confórmao a torre, tamén de planta cadrada, flanqueada por outras catro de menor tamaño, cadradas igualmente e comunicadas entre si por unha muralla. No centro sitúase a torre mestra, que ten planta cadrada, de 11 metros de lado, e tres plantas. A primeira é cega; a segunda elévase uns cinco metros do chan e existen vestixios que permiten imaxinar unha ponte interior que comunicaría coa muralla a través dunha porta con arco apuntado e escudo de armas dos Ulloa. Na terceira planta hai unha xanela grande de arcos oxivais. Todas as torres están almeadas no bordo con almeas en punta ou triángulo.
Accédese ao patio interior a través dun portalón alintelado practicado na muralla. No interior consérvase un hórreo de catro aires colocado en parte sobre a cortina exterior, á súa vez adaptada á configuración do terreo, cunha espesura duns 2 metros, chegando na zona da porta ata os 5metros. Esta porta de acceso ten arco de volta perfecta co escudo de armas da familia Ulloa na clave. Á dereita da entrada atópase a capela de San Pedro construída a finais do século XII.
O Castelo de Pambre foi un símbolo destacado da loita irmandiña contra a nobreza da época e ao cabo a única fortaleza que resistiu á revolta de 1467.
42.859903252993, -7.948516304031
Pambre
27203 Lugo
España