Ir o contido principal

Muíño de Pena

Muíño da Pena
O Muiño de Pena ou a Maquía de Pena era unha auténtica industria, adicada á moenda do grao e o serradoiro de madeira dentro do municipio.

Proporcionou durante moitos anos un servizo indispensable ós veciños da comarca, empregando como forza motriz o salto de auga do río. 

A industria, pola súa propia natureza, foise convertendo nun punto de encontro da xente e lugar onde se contaban as noticias mentres se esperaba o turno para moer ou serrar. 

A fábrica seguíu traballando ata a década dos setenta, se ben nos últimos anos só se empregaba como muíño. Para entón, o pai da propietaria, construíra un serradoiro con tecnoloxía moderna e que funcionaba con enerxía eléctrica. No ano 1998 comezaron os traballos de rehabilitación da vivenda, que remataron no 2003 cando O Muíño de Pena transformouse nunha casa de turismo rural.

42.947800950745, -8.3382469297444

pin_drop
Monumento

A Ponte Puñide, 24
15823 A Coruña
España