Igrexa de Santa María
A igrexa de Santa María de Melide, catalogada como Monumento Nacional, é a xoia do románico melidense. Trátase dun templo dunha soa nave terminada nunha ábsida semicircular na súa cabeceira, con bóveda, decorada con pinturas renacentistas. O arco triunfal é de medio punto peraltado e dobrado. O capitel esquerdo está decorado con elementos vexetais. O dereito é figurativo: con fauces abertas, o que dentro da iconografía románica parece simbolizar a loita do home contra o mal. O arco triunfal estaba pechado por unha reixa de ferro do século XIII, que é a única reixa románica que se conserva na vila.
Outros dous elementos destacados desta igrexa son o seu altar románico, un dos poucos altares galegos deste estilo que se conservan, e unha imaxe da Virxe das Neves, patroa da parroquia.
42.911748465695, -8.0253437316398
Sta. María
15809 A Coruña
España