Igrexa de Santo Tirso
Igrexa románica do último terzo do século XII, con reformas posteriores. Da primitiva traza só queda a portada principal e parte do frontis.
É de planta de cruz latina con nave rectangular, dúas capelas laterais e presbiterio pentagonal. Os muros son de cachotería e sillería de granito e a coberta de tella a dúas e catro augas. A portada é románica, con arco de medio punto con dúas arquivoltas de baquetón, escocias e moldura exterior de billetes, e capiteis decorados. O tímpano é liso sobre mochetas. O retablo da capela maior é Neoclásico.
42.87259851631, -7.8679648190065
Monumento
Rúa Cruceiro, 1
27216 Lugo
España